top of page

Monterroso recibe unha axuda de 61.562 euros de Medio Rural para acometer obras de mellora en viais

Ecos da Comarca/Monterroso

O Concello de Monterroso recibe unha axuda de 61.562 euros da Consellería do Medio Rural para acometer obras de mellora en camiños municipais.

O Goberno local vén de iniciar as obras de mellora e acondicionamento do camiño de titularidade municipal que vai de Viloide á estrada que une Güimil con Sindín pasando por Traslama, ao abeiro do Plan de Mellora de Camiños Rurais 2026-2027.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

A Consellería do Medio Rural destina a estas obras unha axuda de 61.562 euros. Os traballos van incluír un novo firme a base de aglomerado en quente, a eliminación de baches e sinalización.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

O obxectivo desta actuación é, tal e como explica o rexedor, Eloy Pérez, "garantir a accesibilidade ás explotacións agropecuarias e parcelas agrícolas existentes, así como o paso de calquera tipo de vehículo".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page