Monterroso mellora os camiños municipais dos núcleos de San Lourenzo e de Vilanova
- ecosdacomarca

- hace 3 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Monterroso
O Concello de Monterroso está a avanzar no Plan de mellora das infraestruturas rurais en varios puntos do municipio coa axuda das distintas administracións. Neste caso a actuación está financiada polo Plan de Cooperación cos Concellos e supón un investimento de máis de 40.000 euros.

PUBLICIDADE
O alcalde, Eloy Pérez, acompañado polo equipo de Goberno, desprazouse ata a zona de San Lourenzo e Vilanova onde se veñen de mellorar os camiños municipais, que se atopaban moi deteriorados.
PUBLICIDADE
O rexedor avanza que "proximamente iniciarase a licitación para o arranxo e mellora de máis vías rurais en distintos puntos do Concello de Monterroso".








Comentarios