Con misa, desfile, comida e moita música honraron ao patrón dos condutores
Laura Moure/IsmaelRS/Monterroso
Monterroso estivo este mércores de festa. Celebrou o San Cristovo. Con misa, desfile, comida e moita música honraron ao patrón dos condutores. Por suposto non faltou o tradicional desfile de vehículos que foron bendecidos ás portas da igrexa polo párroco e ante atenta mirada do equipo de goberno e de veciños e veciñas.
Publicidade
A celebración comezou ás 11:00 horas cun pasarrúas a cargo de Falcatrueiros. Ás 11:30 houbo animación de rúa coa Charanga Os Jalácticos. Ás 12:30 misa solemne e posterior bendición e desfile dos coches coa actuación do Grupo de Gaitas Falcatrueiros.
ECOS DA COMARCA estivo alí ao mediodía e falamos co alcalde, Eloy Pérez, e con varios dos asistentes. Vídeo no enlace:
Publicidade
Ás 13:30 horas tivo lugar a sesión vermú na área recreativa da Peneda coa Charanga Os Jalácticos e por último, a verbena correu a cargo coa Orquestra Escaparate. Antes do comezo da actuación tivo lugar a entrega de premios cos coches mellor engalanados.
コメント