top of page

Monterroso celebra este sábado, 22 de xuño, a carreira ciclista III Memorial Xosé Antonio López

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A previsión é que participen na proba preto de 450 deportistas


Laura Moure/Monterroso

O Goberno local do Concello de Monterroso colabora co Club Ciclista Lucus Augusti na organización da carreira ciclista III Memorial Xosé Antonio López, que se vai celebrar na localidade mañá, sábado 22 de xuño. O Goberno local recupera esta proba en recordo do ‘Roán’, que non se celebraba desde o ano 2019. Este xoves foi presentada e ao acto asistiron o alcalde de Monterroso, Eloy Pérez; o concelleiro Balbino Martínez, o presidente do Club Ciclista Lucus Augusti, Francisco Javier Lorenzo Nieto; o vicepresidente, Fernando Vázquez Enríquez, a viúva de José Antonio López, Clara Isabel Novo Rodríguez, e Rafael García, en representación da Deputación de Lugo, institución que cofinancia a proba a través do Plan Concellos.


A proba dará comezo ás 10:00 horas na Calle Bengino Vázquez. A entrega de trofeos está prevista para as 13:30 horas.

A carreira formará parte do calendario da Federación Galega de Ciclismo, puntuable para a Copa Galicia de ciclismo para as categorías de cadete e júnior. A previsión da organización é que participen na proba preto de 450 deportistas.


Publicidade

Preme na imaxe para inscribirte e obter máis información.

A proba desenvolverase na Rúa Benigno Vázquez a partir das 10:00 horas. Participan as seguintes categorías: Escolas, Promesas, Principiantes, Alevíns, Infantís, Cadetes e Júnior.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

Trátase dunha proba de ciclismo para a modalidade de estrada realizada nun circuíto urbano pechado ao tráfico cun número determinado de voltas e adaptado a idades e categorías. Haberá ata catro circuítos diferentes. A proba está inscrita dentro do Calendario da Federación Galega de Ciclismo, pero é de ámbito estatal.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Horarios

  • A proba para a categoría de escolas será a partir das 16:00 horas.

  • A proba para a categoría cadete e júnior terá unha contra reloxo individual pola

tarde e circuíto en estrada pola mañá.


Ao finalizar as probas farase a entrega de trofeos.


Коментари


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page