Monterroso acolle este luns unha das concentracións de repulsa polo asasinato do mozo de A Coruña
Samuel tiña 24 anos e perdeu a vida tras recibir unha paliza
Ecos da Comarca/Monterroso
Varias localidades galegas celebraron este luns concentracións de repulsa polo asasinato de Samuel, un mozo de 24 anos que foi asasinado o sábado de madrugada a causa dunha paliza. Pola tarde, continuarán estas concentracións. Nas catro comarcas hai unha convocada en Monterroso, ás 20:00 horas, diante do Concello.
Os primeiros indicios apuntan á posibilidade de que o conflito tuvo como orixe unha gravación cun móbil que derivou na traxedia, pero usuarios en redes sociais aseguran que o motivo se debeu á orientación sexual da vítima.
O Concello de Monterroso tamén denuncia as pintadas que apareceron no Campo de Caracacho.

"Nestes últimos días atopamos o Campo de Caracacho neste lamentable estado. Un espazo de encontro de toda a veciñanza e que sirve de visibilidade dun rural vivo e diverso no último fin de semana de agosto na festa internacional do Agrocuir", indica o Concello. "Estes non son os valores dun pobo aberto, respetuoso e non discriminatorio como Monterroso. Así non! Loitemos polo respeto, pola confraternización, pola unidade e igualdade e pola non discriminación do tipo que sexa.









Comentarios