top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Mina Touro O Pino Non censura que "a Xunta de carta de natureza a un proxecto fracasado como a mina"

"Esta plataforma veciñal ten claro que existe outra opción de vida e outra opción de futuro económico sostible"


Ecos da Comarca/Touro

A Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino Non ten claro que existe outra opción de vida e outra opción de futuro económico sostible e censura !"que a Xunta dea carta de natureza a un proxecto fracasado, ambientalmente inviable como o da mina de Touro coa súa participación neste evento. En todo caso poderá aproveitar o momento para solicitar

publicamente a Cobre San Rafael e demais empresas vinculadas que actualicen o seu plan de restauración".


Comunicado íntegro

Novo revés xudicial do lobby mineiro galego con dúas sentenzas do TSXG sobre as subvencións para enxeñaría social e lavado verde A Cámara Oficial Mineira e a Asociación Galega de Áridos tentaron impedir xudicialmente o acceso aos expedientes das subvencións que recibiron.


A semana que vén a Xunta promove no Gaiás unha “pasarela” dos proxectos mineiros máis destrutivos e contaminantes. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia chumbou con dúas novas sentenzas as tentativas da Cámara Oficial Mineira de Galicia e da Asociación Galega de Áridos de impedir o acceso aos expedientes das subvencións outorgadas pola Xunta de Galicia coas que o sector continúa os seus esforzos de propaganda, enxeñaría social e lavado verde.


En 2019 coñecíase que a Xunta outorgara á Cámara Oficial Mineira 130.000 euros para un “plan de comunicación dixital”, a “creación de unidades dedácticas sobre minaría pa nenos” a divulgación do “patrimonio mineiro”, ás que se sumaron outros 76.000 euros na convocatoria seguinte. No caso da Asociación Galega de Áridos, as sentenzas pronúncianse sobre a tentativa de impedir o acceso aos expedientes doutra subvención para crear materiais educativos para crear unha imaxe social positiva das explotacións.


Todas estas campañas foron amplamente criticadas non só por asociacións ecoloxistas e

veciñas, máis pola propia federación de ANPAs e tamén no Parlamento, que censuraron o uso de fondos públicos para tentar condicionar a posición das escolares ante os sucesivos

conflictos sociais e ambientais provocados pola minería.


Desobediencia das sentenzas e falta de transparenciada Xunta

A pesar destas sentenzas e da súa firmeza, a Xunta de Galicia aínda non deu acceso aos

expedientes de subvencións. Sorprende aos movementos sociais o grado de obstaculización

da Xunta neste caso, unha vez que transcurriron dous anos desde a primeira solicitude de

información, dende a Fundación Montescola anúnciase que se levarán os feitos á Fiscalía ante os indicios de criminalidade.


Lonxe de recuar no seu apoio á enxeñaría social e lavado de cara verde, a Xunta leva a un novo nivel os seus esforzos de propaganda colaborando cunha cimeira sobre “Minerais estratéxicos” que organizará no Gaiás a propia Cámara Mineira, e na que compartirán espazo Francisco Conde, vicepresidente segundo de la Xunta de Galicia, e María Coutinho, subdirectora xeral de Recursos Minerais, con representantes de empresas como Cobre San Rafael, promotora do proxecto de mina de cobre de Touro que foi chumbado ao recibir o ano pasado unha declaración de impacto ambiental negativa.


Durante tres días, desfilarán polo evento que terá lugar nas instalacións públicas da Cidade da Cultura, representantes dos proxectos mineiros máis destructivos e contaminantes, e que se veñen denunciando ante as distintas administracións e instancias xudiciais: a mina de Varilongo en Santa Comba, cun proceso penal en curso no que está imputado o ex-director xeral de minas Ángel Bernardo Tahoces; a mina de San Finx, con varios procesos penais, nos que están imputados varios funcionarios e de novo o propio Tahoces; a mina de Touro con denuncias e sancións por vertidos e drenaxe ácido de mina continuado; ou a mina da Penouta, en Viana do Bolo, con vertidos constantes con metais pesados na Rede Natura 2000.


Un evento pagado con fondos públicos para enaltecemento e publicidade dos proxectos

mineiros no camiño de lograr a tan ansiada licenza social que non teñen.


Dende a Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino Non temos claro que existe outra opción de

vida e outra opción de futuro económico sostible, e censuramos que a XUNTA dea carta de

natureza a un proxecto fracasado, ambientalmente inviable como o da mina de Touro coa

súa participación neste evento. En todo caso poderá aproveitar o momento para solicitar

publicamente a Cobre San Rafael e demais empresas vinculadas que actualicen o seu plan de restauración.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page