Silleda continúa no nivel medio de restricións unha semana máis, mentres que os concellos de Monterroso e Touro caen ao nivel medio-baixo
IsmaelRS/Xeral
O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar, na súa xuntanza desta mañá os seguintes niveis:
Nivel máximo de restricións para os concellos de Ordes e Monforte de Lemos.
Nivel alto na provincia da Coruña, os municipios de Fisterra, Laxe, Muxía, Betanzos, Cee, Sada, Camariñas, Vimianzo, Carral, Cerceda, Pontedeume, Ares, Cariño, Melide e Trazo; en Lugo os de Rábade, Castro de Rei, Meira, A Pastoriza, O Saviñao, Pantón e Sober; na provincia de Ourense os municipios de O Barco de Valdeorras, Viana do Bolo e A Rúa; e, na provincia de Pontevedra estarán Ponte Caldelas, Cerdedo-Cotobade, Nigrán, O Rosal e A Cañiza.
Nivel medio na provincia da Coruña, os municipios de A Coruña, Zas, Coiros, Corcubión, Carballo, Ponteceso, Oza-Cesuras, Cambre, Culleredo, Oleiros, Arteixo, Cabana de Bergantiños, Malpica de Bergantiños, Miño, Fene, Narón, Cabanas de Bergantiños, Mugardos, Ferrol, Rianxo, Boiro, Santa Comba, Oroso, Porto do Son e Santiago de Compostela; en Lugo os de Outeiro de Rei, Chantada, Lugo, Begonte; na provincia de Ourense os de Allariz, Xinzo de Limia, A Veiga, Ourense, O Carballiño, Verín; e, na provincia de Pontevedra estarán A Lama, Marín, Catoira, Caldas de Reis, Pontevedra, Sanxenxo, Poio, Soutomaior, Bueu, Vigo, Gondomar, Salceda de Caselas, Pazos de Borbén. O Porriño, Ponteareas, Redondela, Arbo, As Neves, Silleda, Tui e Tomiño.
Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio-baixo.
Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 28 de agosto.
NOTICIA RELACIONADA:
Opmerkingen