top of page

Melide reúnense coa Deputación para mellorar as instalacións culturais e deportivas como a piscina

As deputadas Cristina García e Natividade González, acompañadas da edil Ana Mosteiro, visitaron varias infraestruturas e falaron das posibles liñas de axuda desta institución


Laura Moure/Melide

As deputadas provinciais da Coruña Cristina García e Natividade González, acompañadas de Ana Mosteiro, concelleira do BNG de Melide e que forma parte do goberno local con responsabilidade na áreas de Cultura, Deportes e Lingua, visitaron as principais instalacións do municipio para coñecer de primeira man o seu estado. As deputadas comprometéronse a trasladar e analizar no seo do goberno da Deputación as demandas trasladadas pola concelleira e as posibles solucións que se poderían aportar.

Cristina García, Natividade González e Ana Mosteiro, percorreron instalacións como o Pavillón Polideportivo, a Piscina Climatizada Municipal e a Casa da Cultura. Durante a visita, puideron comprobar directamente as deficiencias dalgunhas destas infraestruturas,

especialmente a piscina municipal. Trátase dun proxecto de grande envergadura, que require un investimento considerable.


A recuperación e mellora destas dotacións resulta fundamental para o Concello de Melide,

tanto desde o punto de vista deportivo como cultural, e permitirá garantir servizos públicos de calidade para toda a veciñanza. Supón, ademais, unha oportunidade para dinamizar a vida social e comunitaria, favorecer hábitos de vida saudables e mellorar o acceso á cultura e ao deporte, especialmente entre a mocidade e as persoas maiores.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Con esta visita, a Deputación da Coruña dá un primeiro paso para retomar un proxecto estratéxico e necesario. As deputadas comprometéronse a trasladar estas demandas nunha xuntanza co grupo de goberno da Deputación de A Coruña e a estudar en

coordinación cos servizos técnicos e co Concello de Melide as distintas vías de

colaboración que fagan viable esta actuación, entre outras.


A concelleira, Ana Mosteiro, agradeceu a dispoñibilidade de colaboración e trasladou “a

importancia da cooperación institucional para avanzar cara solucións reais”. A concelleira quixo tamén valorar a visita e tamén o traballo que se fai desde o goberno da Deputación facendo fincapé “ en que apoiar desde esta institución aos concellos en actuacións deste tipo son unha aposta polo reequilibrio territorial e pola mellora das condicións de vida no rural”.






Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page