Melide pon o broche a un multitudinario curso nas Escolas Culturais e Deportivas municipais
- Laura Moure
- hace 3 días
- 1 Min. de lectura
Case 850 persoas participaron nas Escolas neste curso
Laura Moure/Melide
As Escolas Deportivas e Culturais do curso 2024-2025 do Concello de Melide celebrarán a súa clausura a vindeira fin de semana. Remata así unha edición realmente multitudinaria, onde 842 persoas -o que representa máis dun 10% da poboación melidá- tomaron parte nalgunha das actividades ofertadas.

O pavillón de Deportes da Martagona acollerá hoxe, venres 30 de maio, a partir das 18:30 horas, a clausura das Escolas Deportivas. Durante este curso, as actividades deportivas incluíron aulas de pilates, escola de costas, trx, zumba, aerobic de baixo impacto, multideporte, atletismo, bádminton, fútbol sala, patinaxe, tonificación, deporte combinado, spinning e iniciación a running e bike.
O domingo 1 de xuño, ás 18 horas, celebrarase no centro sociocultural Mingos de Pita o acto de clausura das Escolas Culturais. Durante o mesmo, terán lugar senllas exhibicións das escolas de baile moderno e de ballet. Tamén haberá exposicións de pintura e costura. Neste curso, as aulas das Escolas Culturais incluíron ballet, ballet avanzado, baile moderno, pintura, pintura para adultos, costura, cociña, cociña para adultos e clube de
lectura de adultos.
Publicidade
O Concello de Melide, dende as respectivas áreas de Deportes e de Cultura, valora moi
positivamente o presente curso, tanto pola diversidade de actividades como pola excelente acollida das mesmas por parte das persoas participantes. Igualmente, convida
a toda a veciñanza a desfrutar destas actividades de peche do curso onde as e os
participantes amosarán as aptitudes e dotes adquiridas durante a edición 2024-2025 das Escolas.
Comments