top of page

Medio Rural convoca as axudas para silvicultura cunha dotación de 15 M€ no período 2026-2027

Subvencionan a silvicultura produtiva de coníferas, a silvicultura de frondosas con obxectivos ambientais e non produtivos e a rehabilitación de soutos de castiñeiro


Laura Moure/Xeral

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica onte, venres, a orde da Consellería do Medio Rural pola que se convocan as axudas para silvicultura produtiva de coníferas e para actuacións silvícolas con obxectivos ambientais e non produtivos en frondosas e na rehabilitación de soutos de castiñeiros, dotadas cun total de 15 millóns de euros entre os anos 2026 e 2027. Estas achegas están cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan Estratéxico da Política Agrícola Común de España (Pepac) para o período 2023-2027.

A primeira liña, orientada ás frondosas, está dotada cun importe total de 7 millóns de euros para os anos 2026 e 2027. Está dirixida a fomentar unha silvicultura produtiva orientada á obtención de madeira de serra e madeira técnica de alta calidade. Subvenciónanse tratamentos silvícolas como rareas e podas altas, rozas de penetración, selección de pés de porvir, control dos aproveitamentos e xestión dos restos.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

A segunda liña, cunha dotación de 6 millóns de euros para o mesmo período 2026-2027, está enfocada á xestión forestal activa de masas de frondosas autóctonas (agás castiñeiro), compatibilizando a produción de madeira de calidade coa conservación dos servizos ambientais, como a protección do solo, a biodiversidade e o ciclo hidrolóxico. 

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Por último, a terceira liña conta cun orzamento de 2 millóns de euros, tamén para os anos 2026 e 2027, e céntrase na recuperación e mellora de soutos de castiñeiro, co obxectivo de potenciar tanto a produción de froito como a obtención de madeira de alta calidade, de acordo co Programa Estratéxico do Castiñeiro e da Produción de Castaña.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Os beneficiarios destas liñas de subvención poderán ser as persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto propietarios como arrendatarios ou xestores, así como as agrupacións forestais de xestión conxunta e os silvicultores activos inscritos nos rexistros correspondentes.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page