top of page

Medio Rural analiza co concello de Palas as obras que mellorarán as infraestruturas rurais do municipio

3 jul 2025
1 min de lectura

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural reuniuse co alcalde desta localidade, beneficiaria das achegas do Plan Camiña Rural


Ecos da Comarca/Palas de Rei

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, reuniuse onte co alcalde do concello de Palas de Rei, Pablo Taboada. A xuntanza serviu para analizar as obras que se van acometer e que van permitir mellorar as infraestruturas rurais do municipio. Paz Rodríguez sinalou que estas actuacións repercutirán positivamente no día a día da veciñanza e que supoñen un paso máis na aposta decidida da Consellería do Medio Rural cos concellos do rural.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Nesta liña, a directora xeral lembrou que hoxe se publica no Diario Oficial de Galicia a resolución do Plan Camiña Rural, que permitirá executar, durante os anos 2025 e 2026 un total de 626 actuacións en preto de 513 quilómetros de vías municipais en 299 localidades.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A localidade de Palas de Rei é beneficiaria destas achegas, coas que recibiu un orzamento total de 93.539 euros para levar a cabo este tipo de actuacións. A través deste investimento poderán ampliar camiños para mellorar a seguridade viaria, reforzar o firme existente, adecuar os pasos fluviais e manter as marxes. Estas melloras resultan fundamentais para facilitar a accesibilidade no medio rural, vertebrar o territorio e contribuír á fixación de poboación, reforzando así as condicións de vida e traballo nestas zonas.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page