María Rivas salienta en Touro a importancia da Maleta Viaxeira contra a Violencia de Xénero
- Laura Moure
- hace 13 horas
- 1 Min. de lectura
O departamento de Orientación do Colexio ten previsto levar a cabo diferentes actividades coa MAVI e cos alumnos do CPI de Fonte Díaz
Laura Moure/Touro
A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, salientou en Touro a importancia da Maleta Viaxeira contra a Violencia de Xénero (MAVI) como ferramenta de promoción da igualdade de xénero desde a cultura e a lectura. Fíxoo en Touro, onde ademais mantivo unha xuntanza co seu alcalde, Roberto Castro, para dar conta sobre as necesidades do concello e na que o propio alcalde lle agradeceu o traballo do Goberno de España co municipio.

A subdelegada, acompañada pola xefa da Unidade contra a Violencia sobre a Muller da subdelegación, Manuela Vilaboy, foi recibida na Biblioteca do Centro Público Integrado (CPI) de Fonte Díaz polo alcalde e por parte do equipo do goberno municipal así como diferentes alumnos e alumnas de sexto de primaria e integrantes do Centro Social de Touro.
Publicidade
O departamento de Orientación do Colexio ten previsto levar a cabo diferentes actividades coa MAVI e cos alumnos do CPI de Fonte Díaz. “Estas iniciativasson fundamentais para fomentar a igualdade e concienciar sobre a necesidade de seguir avanzando na loita contra a violencia machista”, sinalou Rivas.
Publicidade
Nese senso, o Goberno de España, a través do Ministerio de Igualdade e dentro do
Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero dotou, ao concello de Touro, con
máis de 21.000 euros para fomentar actividades que axudan a loitar contra á
violencia en todas as súas extensións.
Comments