Laura Moure/IsmaelRS/Boimorto
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023. RESULTADOS
Despois da intensa campaña electoral, hoxe, domingo, foi a quenda dos veciños. Co seu voto decidiron en toda España quen ocupará a súa Alcaldía ao longo destes vindeiros catro anos. Os centos de veciños das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa pasaron polas urnas. Cabe mencionar que en total nos 17 municipios había 60 candidaturas.
María Jesús Novo do Partido Popular volverá ser a rexedora de Boimorto durante os vindeiros catro anos. Así o decidiu a veciñanza cos seus votos.
Os RESULTADOS son:
PP ( 6 concelleiros)
PSOE ( 2 concelleiros)
BNG ( 1 concelleiro)
No caso de Boimorto optaban a Alcaldía tres candidaturas: PP, PSOE e BNG. Poden consultarse as listas no seguinte enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/tres-candidaturas-buscan-facerse-coa-%C3%A1-alcald%C3%ADa-de-boimorto
Comments