Laura Moure/Boimorto
A Feira de Maquinaria Agrícola e Produtos Ecolóxicos Magreco que se celebra en Boimorto xa ten data para este 2023. Celebrarase os días 25 e 26 de marzo nas inmediacións do Campo do Rosario.
"Iremos informando de todas as novidades nos próximos días", indica a organización.

Magreco naceu no ano 2012 co nome de exposición de maquinaria agrícola. En vista do éxito conseguido nesa edición decidiron dar un paso máis alá incluíndo produtos ecolóxicos e artesanía no ano 2013. Esa é verdaderamente a I edición da Feria Magreco 2013.
Nese ano, ademais de produtos ecolóxicos e artesanía, tamén engadiron unha exposición de maquinaria agrícola antigua e foi no 2014 cando se introduciu unha subasta de novillas de raza frisona, que reuniu en Boimorto unha ducia das mellores novillas da provincia e unhas 300 persoas ao redor da rampa.
O ano pasado, 2022, foi cancelado, debido á folga de transportistas.
Comments