Luis Vilariño, listo para defender a súa posición no Campionato Galego no Rallye de Pontevedra
- Laura Moure

- hace 40 minutos
- 2 min de lectura
O piloto de Palas de Rei busca consolidar a súa excelente racha tras sumar tres podios consecutivos no arranque da tempada
Laura Moure/Palas de Rei
Sen apenas tempo para o descanso tras o éxito na Mariña Lucense, o Vilariño Team xa ten a mirada posta na seguinte cita do calendario: a novena edición do Rallye de Pontevedra.
Para esta cuarta proba do ano, o palense Luis Vilariño volverá contado á súa dereita coa experiencia de David Míguez, con quen buscará manter a excelente liña de resultados aos mandos do Skoda Fabia R5 Evo.

A regularidade está a ser a gran baza do equipo neste inicio de ano. Con tres podios nas tres primeiras carreiras, a estrutura mantense firme na segunda posición da clasificación xeral do Campionato Galego de Ralis.
PUBLICIDADE
O obxectivo para esta fin de semana nas estradas pontevedresas é claro: recortar distancias co líder do certame e continuar progresando no rendemento do vehículo aproveitando o regreso de Míguez aos labores de copilotaxe.
"Chegamos nun momento moi bo tras o podio da Mariña. Tres de tres é un balance fantástico para empezar, pero o campionato é longo e moi esixente, polo que non podemos relaxarnos. Pontevedra sempre é unha cita complicada, con tramos onde o ritmo é altísimo e a marxe de erro, mínimo", sinala Luis Vilariño. "Esta fin de semana volvemos contado con David Míguez ás notas, o que nos dá un plus de confianza para afrontar unha carreira tan selectiva de xeito óptimo. O Skoda Fabia R5 Evo está a responder á perfección. Sairemos a por todas desde o primeiro bucle para intentar estar preto da cabeza e asegurar un bo puñado de puntos para o Galego", engade.
PUBLICIDADE
A actividade oficial do Rallye de Pontevedra arrincará este venres co shakedown, previo ás verificacións técnicas e a cerimonia de saída, dando paso o sábado ás seccións cronometradas que decidirán os vencedores desta cuarta cita do ano.








Comentarios