Continúan as actividades do colectivo para incentivar as compras de Nadal no comercio local
Laura Moure/Silleda
O pasado xoves a Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda (ECOS) deu por rematada unha das actividades da campaña de Nadal xa máis que consolidada e que máis expectación xenera entre a veciñanza: o Calendario de Advento. Esta actividade consistiu nun sorteo diario do 1 de decembro ao 24 no que cada día se foi premiando a fidelidade dos compradores que apostan por facer as compras nestas datas no comercio local asociado.
Publicidade

A asociación ademais convocou a todas e a todos os premiados nas xornadas previas a achegarse o día 26 ata o local do escaparate, ubicado na rúa Progreso, a recoller o seu agasallo xusto despois do derradeiro sorteo, correspondente ao día 24. A man inocente da pequena Celtia, que axudou xunto con varias amigas en diversos dos sorteos diarios, elexiu unha papeleta do fondo da gran urna e deulle o premio a Luis Gonzalez Abal que, mediante a súa papeleta selada en Lencería Segredos, conseguiu o gran lote final consistente nunha morea de agasallos donados por varios dos socios de ECOS.
1 vale de 4 sacos de patacas de Comercial González
1 vale por 2 chuletóns de Adrián Carniceros
1 lote de libros de Librería Pily
1 maceta decorativa de Eyo Flor
1 conxunto de neno e 1 conxunto de nena de Outlet Colorín Colorado
1 lote sorpresa de A Despensa de Raquel
1 pulseira Xiaomi Smart Band de Movideza
1 lote de produtos de cosmética de A Parafarmacia
1 pixama de home de Segredos Lencer;ia
1 lote de tazas de cerámica para infusións de Sargadelos de Camino Joyeros
1 par de zapatillas de muller de Calzados Iglesias
1 caixa de rosquillas de Panadería Mella
1 vale de 30€ de Neumáticos Tato
1 vale de 30€ de Alfinete
1 set de trekking de RaiSport Deportes
1 caixa de cervexas + 2 entradas ao museo da cervexa de Debibian
1 sesión de fisio en Belisca Centro de Fisioterapia
1 vale de 30€ de Os Teus Zapatiños
1 colar e uns pendentes de prata de Sedela
1 par de gafas de sol unisex de Óptica Titanium
10 sacos de pellets de Express Pellets
1 espello de parede de De-Cores
1 lote de espumosos + bombóns de cervexería O Refuxio
1 manta de sofá de Mercería Sonia
1 vale de peiteado e manicura en Isabel Muiños Peluquería
1 xogo de lavabo de Arcolar 2000
1 almorzo para dúas persoas + 2 botellas de viño de Café Ina

O gañador foi sorprendido tralo sorteo pola chamada de personal da directiva de ECOS e non dubidou en achegarse ata o local do escaparate, a recoller os seus agasallos e a posar con eles para a foto. Luís é unha persoa amplamente coñecida en Silleda logo dos seus anos á fronte da "Asociación de Veciños Olaia" e da "Asociación de amigos do Lacón", ademais de ser unha das persoas que tan amablemente vén cedendo a ECOS nestes últimos anos o local que se emprega para a exposición dos agasallos e celebración dos sorteos da campaña do calendario de advento.
Publicidade
"Un broche de ouro sen dúbida a unha actividade que malia levar so catro edicións gaña popularidade cada ano a xuzgar pola case unanimidade de gañadores que se achegaron á tardiña de onte a recoller en persona os seus agasallos. Anque remataron tamén os Xoves de Churrecos co sorteo do lote final do Calendario de Advento non rematan, nin moito menos, as actividades da asociación para incentivar as compras de Nadal no comercio local; quedan moitos billetes ECOS de 20 euros agochados nos Roscóns de Reis de Panadaría Mella, Panadaría Paulino, Pastelaría Dulce Deza, Pastelaría Arco da Vella, e Confitaría Tábora e 5.000 euros en vales de compra que se sortearán entre todos os que dende o 1 de decembro fixeran compras por un importe mínimo acumulado de 100 euros no comercio asociado. Ese sorteo, co que si rematará oficialmente a campaña de Nadal de ECOS terá lugar o día 10 de xaneiro, en directo na Praza do Siñor Afranio (ou dentro do Concello se a chuvia non permite facelo afora)", lembra o colectivo.
Ademais, recorda que 3 dos vales de 1.000 euros que se sortearán non son presenciais, pero o vale de 2.000 euros será presencial co que a asistencia dos participantes o día 10 ao sorteo é primordial.
Comments