top of page

'Lugo de corazón a corazón' leva a prevención cardiovascular a Antas de Ulla

hace 38 minutos
2 min de lectura

A presidenta da Deputación de Lugo asinou este venres co responsable de ACARLU unha achega de 8.217 € para desenvolver en diferentes puntos da provincia estas formacións


Laura Moure/Antas de Ulla

Lugo de corazón a corazón achega información e formación sobre hábitos saudables, control dos factores de risco e actuación ante unha emerxencia cardiovascular a persoas de 16 concellos da provincia lucense, entre eles Antas de Ulla. O proxecto conta cunha subvención nominativa de 8.217,50 euros da Deputación, que se formalizou este venres.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A iniciativa promovida pola Asociación Lucense de Cardioloxía (ACARLU), busca facilitar o acceso a coñecementos e ferramentas de prevención e autocuidado tamén ás persoas que viven fóra dos grandes núcleos urbanos.


Charlas e coloquios sobre saúde cardiovascular, alimentación, medicación, sinais de alerta e hábitos saudables; formación en reanimación cardiopulmonar (RCP) e utilización de desfibriladores; compleméntanse con actividades físicas adaptadas, camiñadas e espazos de apoio e intercambio de experiencias entre persoas que viven ou viviron situacións cardiovasculares. En total, 16 intervencións presenciais que se desenvolverán a partir deste mes e ata a primavera en diferentes concellos da provincia.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A veciñanza da Pontenova, Guitiriz, Navia de Suarna, Bóveda, Antas de Ulla, Pedrafita do Cebreiro, Samos, Foz, O Vicedo, Monforte de Lemos, Muras, Cervantes, Vilalba, Ribas de Sil, Trabada e Barreiros aprenderá a través desta iniciativa que incorpora o modelo de acompañamento de doente a doente, no que persoas con experiencia propia contribúen ao apoio e á educación doutras persoas afectadas.

A presidenta da Deputación, Carmela López, e o responsable da asociación, Francisco Villanueva, asinaron o venres o convenio e despois baixaron á mesa informativa que ten este venres o colectivo na Praza de San Marcos.


Apoio aos concellos

Á marxe da colaboración con ACARLU, a Deputación está a preparar a renovación da formación en cardioprotección ao persoal da institución. Así mesmo, está a ultimar un informe sobre os medios dos que dispoñe os 67 concellos da provincia neste eido, co fin de axudarlles a equiparse e a formarse.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page