top of page

Loito na Ulloa polo falecemento de José María Méndez, de Méndez Peluqueros

Ecos da Comarca/A Ulloa

A comarca da Ulloa está de loito tras coñecerse o falecemento de José María Méndez Martínez, Txumari, que faleceu onte, venres, aos 49 anos. Residía en Antas de Ulla coa súa muller e o seu fillo, pero rexentaba a peluquería Méndez Peluqueros de Monterroso e será soterrado hoxe en Palas de Rei.

José Mª Méndez. Fonte: Leiro Do Ulla (Facebook).
José Mª Méndez. Fonte: Leiro Do Ulla (Facebook).

Moi apreciado tanto polo seu labor profesional como pola súa calidade humana, era unha persoa moi coñecida na comarca, onde durante anos desenvolveu a súa actividade, gañándose o cariño de moitas persoas.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Desde que se coñeceu a triste nova, son numerosas as mostras de pesar e condolencias que se están a transmitir a través das redes sociais e de maneira persoal á súa familia.


Mostras de cariño como:

"Non nos saen as palabras nestes momentos tan duros... Sempre colaborando sen dubidalo dende Méndez Peluqueros, sempre feliz para os demais. Toda a familia da S.D. Monterroso lamenta profundamente esta perda tan inesperada. Moita forza e un abrazo forte para a familia e achegado", SD Monterroso.


"Descansa en paz. Sempre colaborando con nós para seguir adiante, eternamente agradecidos. Barbería Méndez", Motoclube Ó Corte.


Está sendo velado no tanatorio Fernandel de Antas de Ulla e o funeral será hoxe, sábado 23 de maio, con saía do tanatorio ás 20 horas. A misa será oficiada na igrexa de Antas de Ulla e de seguido, terá lugar a inhumación na intimidade familiar no cemiterio de Cabana, en Palas de Rei. (https://www.funerariafernandel.es/esquelas)

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A súa perda deixa un baleiro difícil de cubrir nunha comarca que hoxe lamenta a marcha prematura dunha persoa moi querida e respectada por todos. D.E.P.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page