Loito en Antas de Ulla: Falece José Rodríguez Vázquez (José do Carballo)
- ecosdacomarca

- hace 48 minutos
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Antas de Ulla
O Concello de Antas de Ulla mostra o seu pesar polo pasamento de José Rodríguez Vázquez (José do Carballo), "profesor, exdirector do CEIP Plurilíngüe de Antas de Ulla, Xuíz de Paz, amigo e veciño que sempre estaba cando se lle precisaba".

Publicidade
"José foi unha persoa comprometida coa educación, co servizo público e coa vida do noso concello, deixando unha fonda pegada humana e profesional en varias xeracións de veciñas e veciños", recalca o ente local.
Publicidade
"Desde o Concello de Antas de Ulla queremos expresar o noso máis sincero pésame á súa familia, amizades, á comunidade educativa e ao conxunto da vecin̈anza do noso Concello.
Que o seu recordo permaneza sempre entre nós. Descansa en paz".








Comentarios