Localizan un home de idade avanzada que se desorientou cando circulaba co coche
- ecosdacomarca

- hace 10 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
O implicado contactou cun familiar contra as 23:30 horas do martes e indicoulle que lle quedara o coche atascado nunha finca da zona de Dordaño, en Oza-Cesuras.

O familiar, que o estivo buscando sen éxito durante a noite, contacto co 112 Galicia ao fío das 6:15 horas e explicou o acontecido. Pouco despois, púidose falar tamén co propio home.
Publicidade
Decontado, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias alertouse á Garda Civil e ao GES de Curtis.
Publicidade
Os membros do GES atoparon ao home en bo estado pouco despois das 7:30 horas.








Comentarios