Ecos da Comarca/Palas de Rei
Este xoves púxose en marcha un operativo de búsqueda no municipio de Palas de Rei. Uns peregrinos de nacionalidade holandesa duns 70 anos estaban perdidos polo monte de Camoira, na parroquia de San Xorxe de Augas Santas. Estaban facendo o Camiño Primitivo en bicicleta.

No dispositivo participaron os efectivos de Protección Civil de Palas de Rei, o GES de Monterroso e axentes da Garda Civil, entre eles patrullas de Palas, de Monterroso e de de Portomarín, e estivo coordinado por Protección Civil do municipio, baixo o mandato do xefe de servizo, Juan Núñez.
A escasos minutos da medianoite, tal e como informan fontes oficiais, foron localizados por Protección Civil, que ían acompañados da Garda Civil de Monterroso, xunto aos muíños de Carballedo, na parroquia de San Xorxe de Augas Santas.
Trátase dun home e dunha muller que foron trasladados de inmediato ao Punto de Atención Continuada (PAC) de Palas de Rei, xa que ela atopábase algo indisposta debido a que levaba cinco horas sin inxerir auga.
"O lugar era de moi difícil acceso. Tivemos que ir andando máis de catro quilómetros e foi un veciño da zona o que nos foi explicando os puntos de acceso porque como se facía de noite, queriamos localizalos canto antes porque a búsqueda é máis complicada e eles atopábanse nun punto sen cobertura e non tiñan onde resgardarse", indica Juan Núñez. "Despois buscámoslle un hotel en Palas de Rei para que pudieran descansar", engade.

Comments