O vehículo foi usado para comenter roubos en locais de distintos puntos de Galicia
Ecos da Comarca/Melide/Palas de Rei
Localizado en Palas de Rei o coche roubado a pasada semana en Melide. Apareceu na parroquia palense de San Xulián do Camiño e foi usado para comenter diversos roubos en locais en distintos puntos de Galicia, segundo a Garda Civil.
Publicidade
O coche, un Golf de cor gris, atopouse abandonado na finca dunha casa sen habitar. Os veciños deron a voz de alarma xa que esa mesma vivenda tivera un intento de ocupación uns meses antes. Temendo que fose ocupada de novo, avisaron aos donos que viven fóra de Galicia, os cales alertaron á Garda Civil que acudiu ao momento ata o inmoble.
Publicidade
Segundo informou a Benemérita tratábase dun coche roubado e romperon por completo a porta de acceso á vivenda para intentar roubar tamén as posibles posesións de valor que houbese dentro da mesma.
Publicidade
A Garda Civil segue coas investigacións para poder dar cos autores do roubo do coche e dos diversos locais. Ademais, no interior do vehículo encontrouse unha caixa rexistradora que substraeran dun local da Coruña.
NOTICIA RELACIONADA:
Denuncian o roubo dun coche en Melide: https://www.ecosdacomarca.com/post/denuncian-o-roubo-dun-coche-en-melide
Comments