La Guardia e Danza Invisible actuarán en Palas de Rei o 11 de agosto dentro da xira Los 40 Classic
Ecos da Comarca/Palas de Rei

Palas de Rei acollerá o vindeiro 11 de agosto os concertos Xacobeo 21/22. Neste caso, actuarán os grupos La Guardia e Danza Invisible. Coa colaboración de “Los 40 principales” a Xunta de Galicia e o Concello de Palas de Rei, a vila xacobea palense contará con estes dous grupos de renome no panorama nacional e internacional, dentro da xira de Los 40 Classic patrocinada polo Xacobeo e cun amplo repertorio de míticas cancións do pop español.
O alcalde, Pablo Taboada, destaca que “eventos deste tipo axudan a apuntalar un pouco máis o sector da hostalaría local, así como, é un luxo para un municipio como Palas de Rei que poida contar con estes dous destacados grupos. Agardamos que centos de persoas se achegen e tenan un éxito similar ó acadado pola Festa da Xuventude celebrada en días atrás”








Comentarios