José Rojo enxalza Monterroso como “unha vila acolledora” cunha riqueza “incomparable”
A localidade acolleu onte o pregón das súas festas que se prolongarána ata o 30 de setembro
Laura Moure/Monterroso
A localidade de Monterroso celebra hoxe, domingo, o seu terceiro días de festas na honra a San Miguel. Os festexos arrancaron o venres cunha paellada e a xornada festiva continuou onte cun encontro entre a SD Monterroso B e a SD Rubián e, de seguido, a ruta de bares amenizada polas charangas Son de Ladra e Os Jalácticos. Ás 21:00 horas José Rojo pronunciou o pregón e a verbena correu a cargo de música de charangas e do Grupo Horizon The Show.

José Rojo destacou que Monterroso é o seu lugar no mundo, "onde levo vivindo a maior parte da miña vida e onde quero seguir estando". O encargado de pronunciar o pregón, natural de San Miguel de Penas, onde naceu e se criou, referiuse a Monterroso como "unha vila acolledora, cunha riqueza histórica, paisaxística, natural, gastronómica ou cultural incomparable".
Subliñou que Monterroso é "terra de encontro nas festas e nas feiras" e lembrou que un dos seus grandes recordos de neno é acudir ás feiras de Monterroso polo Camiño Real co seu pai cada día 1 vender o becerro para despois comer o pulpo, que daquela custaba catro pesos por ración.
PUBLICIDADE
Tivo palabras de recordo para o párroco Don Carlos Méndez, quen deixou o seu legado ao Museo e Centro de Interpretación, Monterroso a vila das feiras; para o seu predecedor, Don Carlos, así como para o crego e poeta Teolindo Cortiñas.

"O mellor de Monterroso son (somos), sen dúbida, os seus veciños. Persoas amables, preocupadas unhas polas outras e activas. Así o demostra o seu importante movemento asociativo, que revolucionou e continúa revolucionando (e alegrando) a nosa vida diaria e a de quen pasa pola vila", concluíu.
PUBLICIDADE
As festas continuarán ata o mércores, 30 de setembro.










Comentarios