top of page

José López, Manuel Méndez e Aurelio Candal gañan o concurso de fotografía 'Touro en Imaxes'

Os dous primeiros recibirán de premio 300 euros e o terceiro, unha tablet


Laura Moure/Touro

O concurso de fotografía Touro en Imaxes xa ten gañadores. Na categoría de Adultos Natureza o gañador foi José López Pérez, coa obra Brétemas en Ribeira. Pola súa banda, o vencedor na categoría Adultos Patrimonio Histórico-cultural foi Manuel Méndez Blanco, coa obra As once da mañá na igrexa de Fontes Rosas. O gañador da categoría xuvenil no apartado de Natureza foi Aurelio Candal Fernández, coa obra Ceo e auga.

As fotos gañadoras.


O xurado presidido polo concelleiro Jesús Martínez Pereira e integrado pola concelleira Adela Iglesias e por Adolfo Enríquez, José Manuel García e Luis Vázquez, foi o encargado de elexir as mellores obras. Os gañadores nas categorías de adultos recibirán 300 euros en concepto de premio, que será entregado nas próximas semanas coincidindo con algún dos actos programado polo Concello de Touro. O premio para o gañador da categoría xuvenil será unha tablet.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

O Concello de Touro felicita aos gañadores e anima aos afeccionados á fotografía a presentarse á próxima edición do Concurso de Fotografía Touro en Imaxes, que cumprirá xa a maioría de idade e será a XVIII edición.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page