top of page

José Crespo toma posesión como alcalde de Lalín por maioría absoluta

"Vou tentar por todos os medios ao meu alcance camiñar cara o Lalín que eu quero, e entre todos facer de Lalín un pobo onde se poida vivir", sinala o rexedor


PLENO DE INVESTIDURA. ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

 

Laura Moure/Lalín

Lalín tamén celebrou este sábado o pleno de constitución da nova Corporación Municipal, no que os concelleiros e concelleiras tomaron posesión do seu cargo xurando ou prometendo acatar a Constitución. A continuación procedeuse á votación resultando elexido Alcalde presidente do Concello de Lalín por maioría absoluta José Crespo Iglesias, para o próximo mandato de catro anos, revalidando así a Alcaldía.

Logo de ser elexido, o mandatario pronunciou o seu discurso de investidura no recibidor do Concello ante a numerosa veciñanza presente. "Día cheo de emocións. Por máis veces que se repita, sempre é un momento especial e de moita responsabilidade. Grazas ao Pobo de Lalín por confiar unha vez máis en min e no meu equipo. Vou tentar por todos os medios ao meu alcance camiñar cara “o Lalín que eu quero”, e entre todos facer de Lalín un pobo onde se poida vivir, onde se poida traballar e desfrutar da vida. Agradecido de que os meus veciños sigan a confiar en min para guíar este proxecto común chamado Lalín", sinala o mandatario.

Declaracións da oposición:

"Unha honra para nós traballar para os veciños e veciñas. Somos o principal partido da oposición, e exerceremos a nosa responsabilidade", resalta Compromiso por Lalín

"Hoxe tomamos posesión como concelleiros: Anxo Álvarez, Mario López e unha servidora. Dende ahí seguiremos loitando os próximos catro anos", sinala a socialista Alba Forno.
"A nosa concelleira Ariadna e o noso portavoz Paco xa tomaron posesión. Por diante catro anos de traballo para servir exclusivamente aos intereses da veciñanza de Lalín", recalca o BNG.

NOTICIAS RELACIONADAS:

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page