top of page

Investigan a un veciño de Monterroso como presunto autor dun delito de malos tratos a animais

Ecos da Comarca/Monterroso

A Garda Civil investiga a un veciño de Monterroso de 23 anos de idade, como presunto autor dun delito de malos tratos de animais domésticos, tras abater presuntamente cunha escopeta a dous cánidos.

Foto de arquivo.
Foto de arquivo.

Os feitos ocorreron a pasada fin de semana, cando os cans atacarían previamente un rabaño de ovellas propiedade do investigado, causando a morte de dúas delas e feridas de gravidade a outras 11 cabezas de gando.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Tras ter coñecemento dos feitos, a Garda Civil iniciou as xestións para o esclarecemento do sucedido, procedendo a investigación do mozo como presunto autor dun delito de malos tratos de animais domésticos.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

As dilixencias instruídas foron remitidas ao Xulgado de Instrución competente.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

A Garda civil lembra que calquera incidente relacionado con animais debe poñerse e coñecemento das Forzas e Corpos de Seguridade, a fin de que se adopten as medidas oportunas conforme á normativa vixente.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page