Investigado tras ser cazado cando estaba circulando a 214 km/h nun tramo de de 90 km/h
- ecosdacomarca

- 11 nov
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
O Grupo de Investigación e Análise do Tráfico (GIAT) do Sector de Tráfico de Galicia investiga a un condutor como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria. Os feitos ocorreron cando efectivos do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Ferrol, que se atopaban realizando un dispositivo de verificación de velocidade na estrada AC – 862 (Ferrol - Porto da Barqueira Mañón), detectaron a través do cinemómetro un vehículo de alta gama circulando a 214 km/h nun tramo cuxa velocidade máxima permitida é de 90 km/h.

Ante a imposibilidade de interceptar o vehículo e identificar o seu condutor, os gardas civís actuantes trasladaron as actuacións ao GIAT, cuxos compoñentes, tras realizar as xestións e investigacións pertinentes, lograron a identificación da persoa que se atopaba aos mandos do vehículo nese momento.
Unha vez coñecida a identidade, a Garda Civil procedeu á súa investigación como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria. O Sector de Tráfico de Galicia lembra que o artigo 379 do Código penal estipula que, “o que conducir un vehículo de motor ou un ciclomotor a velocidade superior en sesenta quilómetros por hora en vía urbana ou en oitenta quilómetros por hora en vía interurbana á permitida regulamentariamente, será castigado coa pena de prisión de tres a seis meses ou coa de multa de seis a doce meses ou coa de traballos en beneficio da comunidade de trinta e un a noventa días, e en calquera caso, coa de privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos”.
Publicidade
A Garda Civil conta cunha canle de colaboración sobre feitos delituosos ou infraccións en xeral, na que toda a xestión desta información, trátase de forma reservada a través do correo electrónico colabora@guardiacivil.org
Enlace da canle de colaboración cidadá da Garda Civil: https://web.guardiacivil.es/es/colaboracion/formulariosdecolaboracion/Delitos_Infraccioneshtml







Comentarios