top of page

Incorpórase o persoal laboral contra incendios da Xunta, que traballará xa este ano durante 7 meses

Beneficia case un milleiro de traballadores, que viñan traballando 6 meses ao ano e que a partir de agora, de xeito gradual, irán incrementando os seus contratos ata os 9 meses


Laura Moure/Xeral

Este martes iniciouse o seu despregue, por un período de 7 meses, o persoal laboral do Servizo de Prevención e defensa contra Incendios Forestais (SPIF) da Xunta de Galicia, que se suma ao resto do operativo autonómico. En total, son case un milleiro de profesionais que viñan traballando 6 meses ao ano e que a partir de agora, de xeito progresivo, irán incrementando os seus contratos ata os 9 meses, no horizonte de 2026.

Con esta medida, o Executivo autonómico vén reforzar a súa aposta por un servizo contra incendios profesional, público e versátil. Desta forma, a decisión terá unha repercusión moi positiva na estabilización destes postos de traballo e na protección do noso medio rural, seguindo a liña do que vén facendo a Xunta co fin de mellorar as súas condicións de traballo e o servizo que prestan.


Publicidade

Este proceso vén completar o desenvolvido nos últimos anos para incrementar progresivamente o período de actuación dos traballadores dun dispositivo formado por máis de 3.000 persoas, das cales actualmente xa dous terzos traballan todo o ano. Unha vez completado este novo proceso de estabilización, todos os integrantes do servizo traballarán, como mínimo, ao longo de 9 meses ao ano.


Precisamente, un dos obxectivos que se persegue con esta ampliación do tempo de contratación é incidir na prevención dos incendios, coincidindo coa aprobación -onte mesmo no Consello- do plan preventivo que estará vixente ata marzo de 2025.


Publicidade

Esta planificación faise desde unha forte aposta pola gandaría en extensivo en áreas estratéxicas do territorio. Entre outros fitos, prevese actuar en 60.040 hectáreas de terreo, das que unhas 5.000 serán xestionadas a través da gandaría en extensivo. O Plan está dotado con 41,1 millóns -un 6% máis respecto ao do 2024-, e referenda a aposta do Goberno autonómico pola planificación preventiva para loitar dun xeito estrutural contra os lumes en zonas afectadas recorrentemente polos incendios.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page