top of page

Impacta intencionadamente contra o vehículo do compañeiro co que convivía tras agredilo

Ecos da Comarca/Xeral

A Garda Civil de Cedeira en colaboración coa Policía Local desta localidade, investigou a un veciño de Cedeira maior de idade, como presunto autor de ata catro delitos graves, incluíndo lesións, condución temeraria, danos e a condución dun vehículo sen permiso por perda total de puntos.

Fonte: Garda Civil.
Fonte: Garda Civil.

A investigación, iniciouse por mor dunha denuncia por un acto de violencia doméstica. Os feitos remóntanse a unha agresión ocorrida no interior do domicilio onde convivía o investigado e a vítima. Segundo a denuncia, o presunto autor atacou ao outro home cun vaso de cristal, provocándolle lesións.


Tras a agresión inicial, a vítima foi rapidamente socorrida por un veciño, quen o trasladou no seu vehículo particular cara ao Punto de Atención Continuada (PAC) de Cedeira para recibir asistencia médica urxente. Durante o traxecto, o agresor, a bordo do seu propio turismo, iniciou unha perigosa persecución. Os feitos violentos documentáronse nas cámaras de seguridade. As imaxes rexistraron o momento en que o investigado alcanzou á vítima e ao seu auxiliador no aparcamento do centro médico e impactou intencionadamente contra o vehículo da vítima, co condutor aínda no seu interior.


Tras este violento embiste, o atacante deuse á fuga. A Garda Civil, ao fío dos feitos e a revisión das probas, determinou que o presunto autor cometera un delito de lesións (pola agresión co cristal), un delito de condución temeraria xunto con outro de danos (pola persecución e o choque no PAC).


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Ademais, descubriuse que o investigado atopábase ao volante do seu vehículo a pesar de ter o permiso de condución sen vixencia, tras esgotar a totalidade dos puntos legalmente establecidos.


O veciño de Cedeira foi debidamente informado dos seus dereitos en calidade de investigado, e as dilixencias instruídas foron postas ao dispor do Xulgado de Garda da localidade.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page