top of page

Igualdade e a Axencia de Lectura Municipal de Touro organizan unha mostra de libros sobre igualdade de xénero durante o Nadal

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O Concello de Touro aposta por iniciativas que contribúan a fomentar valores que acaben coa desigualdade entre mulleres e homes


Laura Moure/Touro

A área de Igualdade do Concello e a Axencia de Lectura Municipal Xosé Neira Vilas de Touro organizan unha mostra de libros de infantil, xuvenil e público adulto sobre igualdade de xénero, “para que estas vacacións de Nadal poñámonos as lentes violetas lendo estes contos e historias diversas”. Pode verse dende o pasado día 16 de decembro ata o 3 de xaneiro na Axencia de Lectura Municipal Xosé Neira Vilas de Touro de luns a venres de 16:15 a 20:15 horas.

A mostra acompáñase dun catálogo de libros, no que se pode atopar unha pequena recensión de cada unha das obras segundo idades e público ao que se dirixe. O Concello de Touro aposta por iniciativas que contribúan a fomentar a igualdade de xénero. Ademais, considera que durante o Nadal sempre é unha gran ocasión para fomentar estes valores xa que son datas que se comparten en familia.


Publicidade  

Na categoría infantil figuran libros como A manchas ou a raias; Bracaneves e os 77 ananiños, Cincenta e as zapatillas peludas, Na busca de Antón ou Fina Pirata. Para

o público xuvenil pódese atopar obras como Mulleres bravas da nosa historia.Pepa

a Loba; A casa do Paralelo 54, Denébola A Roxa ou Kusuma. E para adultos

recompiláronse libros como Elisa e Marcela. Amigas e amantes; Una bañera de

hojas secas ou Vida imaginaria.


Por último, na guía tamén aparecen libros de autocoñemento como ¿Por dónde se

sale? ou Tú eres tu lugar seguro.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O catálogo pode consultarse no PDF que adxuntamos e na web e nas redes sociais

do Concello de Touro.



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page