Hoxe remata o prazo para facer o abono do programa Lecer Nadal 2022 do Concello do Pino
- Laura Moure

- 23 dic 2022
- 1 Min. de lectura
E o xustificante de pago deberá ser entregado tamén hoxe nas dependencias do Concello ou a través da sede electrónica
Laura Moure/O Pino
O Concello do Pino vén de aprobar o decreto coa listaxe dos nenos e das nenas admitidos no Lecer Nadal 2022, o programa de conciliación nas vacacións escolares de Nadal. Todas as solicitudes presentadas foron aceptadas. Hoxe, venres, remata o prazo para facer o pagamento.

As familias terán que proceder agora a facer efectivo o pagamento das taxas correspondentes. O custo é de 20 euros por neno ou nena. Sobre este prezo, as familias numerosas beneficiaranse cun desconto do 20% a partires da segunda filla o do segundo fillo. Como comprobante, achegarase o título de familia numerosa.
O abono deberá efectuarse mediante ingreso na conta bancaria de ABANCA: ES70 2080 0337 1131 1000 0078, especificando o nome da persoa usuaria e as datas de asistencia.
O prazo para facer o pago remata hoxe, venres, 23 de decembro. E o xustificante de pago deberá ser entregado no mesmo prazo límite nas dependencias do Concello ou a través da sede electrónica.
Aquelas persoas que renuncien a praza adxudicada deberán comunicalo presentando un escrito na sede electrónica de forma telemática ou, de xeito presencial, no rexistro do Concello.
O Lecer Nadal 2022 desenvolverase entre o 23 de decembro e o 5 de xaneiro (agás os festivos) no pavillón municipal e os exteriores do CPI Camiño de Santiago, en horario de 8:30 a 14:30 horas.
A listaxe de alumnos pódese consultar no seguinte enlace:







Comentarios