top of page

Herdeiros da Crus suspende as súas actuacións en Boimorto, Forcarei e Ferrol desta fin de semana

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A formación musical vese na obriga de facer isto debido á enfermidade dun dos membros da banda que imposibilita a súa presencia nos escenarios


Laura Moure/Boimorto

As actuacións previstas para esta fin de semana de Herdeiros da Crus en Boimorto, Forcarei e Ferrol acaban de suspenderse debido ao problema de saúde dun dos integrantes da banda.

"Sentimos comunicar que Heredeiros da Crus temos que interrumpir a nosa axenda prevista para esta fin de semana debido a enfermidade dun dos membros da banda que imposibilita a súa presencia nos escenarios", indica a formación. "Lamentamos profundamente esta situación e agardamos que o noso compañeiro evolucione favorablemente o antes posible e se atope preparado pronto para poder seguir cumprindo cos seus compromisos profesionais".

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Así mesmo, avanza que no caso do Festival da Luz, en Boimorto, (a actuación de Herdeiros da Cruz sería o domingo, 28) e en Ferrol, as actuacións quedan canceladas e no de Forcarei ofrecerase a maior brevidade unha data alternativa. "Agradecemos a vosa comprensión e agarimo de antemán", resaltan.


Cartel do Festival da Luz


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page