top of page

Galicia desactivará mañá a alerta por calor, tras a ola dos últimos días

A día de hoxe, nas comarcas, só a da Ulloa segue no nivel 1 por altas temperaturas


Laura Moure/Xeral

A Xunta de Galicia, a través do Comité de Plan de Calor, e no marco do Plan de Actuacións fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde, informa que, na xornada de mañá, martes 19, se desactivará en toda a comunidade a alerta por vaga de calor, iniciada o pasado día 8 de xullo. Neste senso, na xornada de hoxe soamente as zonas do Centro, Montaña e Sur de Lugo; e as de Montaña, Valdeorras e Sur de Ourense; permanecen no nivel 1 de alerta por vaga de calor. O resto zonas,xa contarán desde hoxe con temperaturas normais para esta tempada do ano.

Segundo as previsións, o episodio de alerta extrema por calor, finalizará no conxunto da comunidade, incluídas tamén as áreas de Lugo e Ourense. As zonas de aviso que permanecen hoxe en alerta, todas elas con nivel 1, abranguen aos seguintes concellos:

  • Centro de Lugo (Abadín, Antas de Ulla, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, O Corgo, Cospeito, Friol, Guitiriz, Guntín, Láncara, Lugo, Meira, Monterroso, Muras, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Paradela, O Páramo, A Pastoriza, Pol, Portomarín, Rábade, Riotorto, Sarria, Vilalba, Xermade) Nivel 1

  • Montaña de Lugo (Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Ribeira de Piquín, Samos, Triacastela) Nivel 1

  • Sur de Lugo (Bóveda, Carballedo, Chantada, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao, Sober, Taboada) Nivel 1

  • Sur de Ourense(Allariz, Baltar, Bande, Baños de Molgas, Os Blancos, A Bola, Calvos de Randín, Castrelo do Val, Celanova, Cualedro, Entrimo, Gomesende, Laza, Lobeira, Lobios, A Merca, Monterrei, Muíños, Oímbra, Paderne de Allariz, Porqueira, Quintela de Leirado, Rairiz de Veiga, Ramirás, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Verea, Verín, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Vilardevós, Xinzo de Limia, Xunqueira de Ambía) Nivel 1

  • Montaña de Ourense (O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Esgos, A Gudiña, Maceda, Manzaneda, A Mezquita, Montederramo, Parada de Sil, A Pobra de Trives, San Xoán de Río, Riós, A Teixeira, A Veiga, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Xunqueira de Espadanedo) Nivel 1

  • Valdeorras (O Barco de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, Vilamartín de Valdeorras) Nivel 1

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

MeteoGalicia informa que a masa de aire cálida de orixe norteafricana seguirá movéndose durante o día de hoxe cara ao leste sendo substituída por masas de aire de orixe atlántica, máis frescas e húmidas. Este proceso comezou xa durante a fin de semana, na que as zonas costeiras de Pontevedra e A Coruña experimentaron un importante descenso de temperatura. Este descenso irase producindo hoxe en moitas outras comarcas do interior, quedando soamente valores moi elevados no leste de Ourense e Lugo. Mañá martes chegará tamén a estas comarcas o aire atlántico, polo que toda Galicia quedará por debaixo dos umbrais de temperatura extrema, finalizando o episodio de vaga de calor que comezou o pasado venres día 8.


NOTICIAS RELACIONADAS:

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page