Ecos da Comarca/Palas de Rei
Tormenta onte, luns, en Palas de Rei. Autor: Óscar Varela
Dende a pasada semana son recurrentes as tormentas en xeral en toda Galicia, e as comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa non son unha excepción. Os tronos veñen acompañados de fortes choivas que ao momento inundan todo. Cabe mencionar que como consecuencia, distintas zonas quedaron sen luz o venres pola noite reanundánose en moitos sitios na madrugada do sábado. Onte, luns, Palas de Rei viuse envolto nunha forte tormenta e choiva tal como se poden aprezar nas fotos e no vídeo enviados por Óscar Varela, un veciño da localidade.
Publicidade
Como se pode ver na imaxe, os peregrinos xa optaron por descalzarse ante a cantidade de auga que corría pola estrada.
Publicidade
E hoxe, martes, a tormenta volveu facer acto de presencia en gran parte dos concellos.
Comments