top of page

Finaliza o episodio de vento e chuvia cun total de 456 incidencias

Palas de Rei foi un dos concellos que sumou máis intervencións


Ecos da Comarca/Xeral

Acaba o episodio de vento e chuvia e Galicia cun total de 456 incidencias tal e como informa o 112 Galicia. A maior parte das intervencións estiveron motivadas pola caída de árbores, asolagamentos en estradas e rúas e accións dos equipos de emerxencias para evitar riscos derivados da situación climática.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

No día de onte, o 112 Galicia contabilizou un total de 456 incidencias relacionadas cos fenómenos meteorolóxicos adversos de nivel laranxa no mar e avisos amarelos en terra por chuvia e vento. O maior número das intervencións realizáronse na provincia de Pontevedra (183), seguida da Coruña (176), Lugo (63), e Ourense (34).


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Os concellos que sumaron máis intervencións foron, en Pontevedra, Vigo, Pontevedra, Nigrán, Soutomaior; na Coruña, Santiago de Compostela, A Coruña, Ponteceso, Boiro, Ribeira; en Lugo, Palas de Rei, Foz; e en Ourense, a mesma capital.


Como indicamos, a maior parte das chamadas que se recibiron no 112 Galicia, e que implicaron a mobilización de recursos, estiveron relacioanadas coa caída de árbores (184), asolagamentos en estras e rúas (85), asolagamentos en baixos e garaxes (17) e en vivendas (14). Tamén destacaron algunhas accións dos equipos de emerxencias para evitar riscos (54), e atendemos cinco chamadas por embarcacións que se soltaron do amarre sen máis consecuencias.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

As incidencias máis destacadas poden consultarse en Boletíns anteriores.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page