top of page

Ferido nun lume nas instalacións dunha empresa de fabricación de produtos químicos

23 feb
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Xeral

Un lume nas instalacións dunha empresa de fabricación de produtos químicos deixou un traballador ferido en Forcarei. Ocorreu pasadas as 15:10 horas. Nestes momentos, os servizos de emerxencias indican que a situación está controlada e permanecen no punto ventilando.

Un operario dunha planta de fabricación de produtos químicos sufriu queimaduras cando traballaba nas instalacións da empresa, situada no polígono David Raposeiras, na parroquia forcaricense de Ventoxo.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O ferido foi evacuado ao Complexo Hospitalario da Coruña no helicóptero medicalizado con base en Santiago, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Un dos alertadores que chamou ao 112 Galicia sinalou que todas as persoas conseguiran saír ao exterior e que se precisaban medios de extinción para apagar o lume orixinado.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

Desde o 112 Galicia activouse un operativo no que participaron, ademais do persoal sanitario, os Bombeiros de Silleda e do Carballiño, a Garda Civil e o GES da Estrada. Tamén interviñeron medios propios da empresa e se informou ao persoal da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page