top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Ferida unha persoa que circulaba en bicicleta en Melide tras sufrir unha caída

Ecos da Comarca/Melide

Este domingo o 112 Galicia foi alertado pola caída de dúas persoas que circulaban en bicicleta nas comarcas. Ambas tiveron lugar pola mañá: unha en Lalín e outra en Melide.


Un ciclista quedou ferido de gravidade tras caer en Lalín, tal e como publicamos no seguinte enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/un-ciclista-resultou-ferido-de-gravidade-ao-caer-do-veh%C3%ADculo-en-lal%C3%ADn


Pero pasados uns minutos das 12:30 horas rexistrábase outro suceso similar no municipio de Melide. "Tivo lugar na rúa da Martagona dirección Vilamaior, despois dunha ponte", informa o 112 Galicia, que sinala que o home que viaxaba na bicicleta caeu só e que non se viu implicado ningún outro vehículo. "A Policía Local indicounos despois que esta persoa foi evacuada por unha ambulancia e que ía consciente".

Tamén foron informados Protección Civil de Melide e os Bombeiros de Arzúa.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page