Ecos da Comarca/Xeral
Ferida unha muller tras recibir a cornada dun touro nunha perna na Laracha. Ocorreu no lugar do Vilar, en Soutullo.

Publicidade
Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polo particular que chamou para pedir axuda, a ferida necesitaba asistencia médica tras ser golpeada nunha perna por un touro nunha explotación gandeira.
O incidente rexistrouse contra as 17 horas. Nada máis ter constancia dos feitos, os xestores do 112 Galicia pasaron aviso aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos axentes da Garda Civil.
Comments