top of page

Ferida unha muller ao caer por un terraplén tras baixar dun autobús avariado

Ecos da Comarca/Xeral

Unha muller resultou ferida esta mañá en Carballeda de Valdeorras ao caer por un terraplén duns dez metros de altura despois de baixar dun autobús avariado. O suceso tivo lugar na estrada OU-122, á altura do quilómetro 13, na parroquia de Lardeira.


Foi un particular quen deu o aviso ao 112 Galicia ás 07:10 horas, informando de que unha muller caera por un desnivel e que, debido á dificultade do terreo, non podían acceder a ela, aínda que escoitaban os seus berros de auxilio.

ree

De inmediato, o 112 Galicia mobilizou aos Bombeiros e ao GES de Valdeorras, que interviñeron no rescate da muller, posteriormente trasladada por Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao centro hospitalario de referencia.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Segundo informaron os equipos de emerxencias, a ferida atopábase consciente, aínda que presentaba un golpe na cabeza e inmobilidade nunha perna.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page