Falece unha persoa tras ser atropelada
- ecosdacomarca

- 2 nov
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Unha persoa perdeu a vida esta tarde en Noia despois de ser atropelada por un vehículo. Malia a rápida intervención dos servizos sanitarios, nada se puido facer por salvarlle a vida.
O 112 Galicia recibiu o aviso do suceso ás 18:15 horas, a través da chamada dun particular que alertaba do accidente.

De inmediato, desde a sala de operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Boiro, ao GES de Noia, á Garda Civil, á Policía Local e a Protección Civil da localidade.
Publicidade
O atropelo tivo lugar na estrada DP-1105, á altura do quilómetro 1, na parroquia de Argalo.







Comentarios