top of page

Falece unha nena de 2 anos esquecida nun coche en Brión

Ecos da Comarca/Xeral

O Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) ofreceu este mércores atención especializada á familia dunha menor de Brión (A Coruña) que perdeu a vida. Tal e como informa o 112, a cativa chegou ao Punto de Atención Continuada de Bertamiráns (Ames) en parada cardiorrespiratoria.

Faltaban uns minutos para as cinco da tarde cando o 112 Galicia recolleu un aviso de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 por unha menor en parada que finalmente resultou falecida.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitouse a intervención dos axentes da Garda Civil.  

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Tamén foron avisados os membros do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) co fin de ofrecer á familia atención especializada.


A menor de Brión, de 2 anos, quedara esquecida nun coche.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page