Falece unha muller tras colapsar a estrutura dunha vivenda
- ecosdacomarca

- hace 2 días
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
O 112 Galicia informa que un amplo operativo traballa en Cartelle (Ourense) debido a que esta tarde se derrumbou parte dunha casa tras colapsar a súa estrutura.

Contra as 17:45 horas desta tarde, desde Protección Civil de Cartelle alertaron ao 112 Galicia dun derrubamento nunha casa situada no lugar de Pereda (Cartelle).
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

De inmediato, desde o 112 Galicia alertouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil, Bombeiros de Ourense, GES de Terras de Celanova e voluntarios de Protección Civil de Cartelle.
Publicidade
Unha vez no punto, os servizos de emerxencias comprobaron que se trataba dunha casa con dúas plantas: a placa de formigón do segundo piso cedeu e acabou derrubándose sobre o primeiro. Ata o lugar, tamén se desprazou unha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Publicidade
Tempo despois, outras fontes confirmaron que faleceu unha muller duns 66 anos.








Comentarios