top of page

Falece un operario ao atrapalo unha máquina en Boqueixón

27 jul 2023
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Xeral

Unha chamada ao 112 Galicia preto das catro desta tarde puxo en marcha un operativo composto por bombeiros de Santiago e Ordes, voluntarios de Protección Civil e unha dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 a bordo do helicóptero.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Desde a primeira comunicación cos xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, o alertador indicou que a vítima estaba inconsciente, e necesitaba axuda inmediata para liberarse da máquina de tratamento de cáscara de piñeiro que o mantiña atrapado.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Atopábanse nun serradeiro da parroquia de Codeso, en Boqueixón, e alí dirixíronse os distintos equipos de emerxencias e sanitarios, ademais das forzas da orde. Neste caso, a Garda Civil.

Mais, pouco tempo despois, os equipos de intervención adiantaban o fatal desenlace.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page