top of page

Falece un mozo en Vilalba tras caerlle enriba unha tubaxe de gran peso mentres facía prácticas

Ecos da Comarca/Xeral

Falece un mozo en Vilalba tras caerlle enriba unha tubaxe de gran peso. O suceso produciuse no polígono industrial Sete Pontes mentres a vítima realizaba prácticas nunha empresa de construción de maquinaria industrial. Malia os esforzos dos servizos sanitarios, só se puido certificar o seu falecemento no lugar.

Foto de arquivo.
Foto de arquivo.

O accidente tivo lugar arredor das 12:15 horas deste mércores. Nese momento, o 112 Galicia tivo constancia do ocorrido a través do aviso do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que informaba dun mozo ferido de gravidade tras caerlle enriba unha tubaxe duns 500 kg de peso nunha empresa situada no polígono industrial.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasouse aviso inmediato aos axentes da Garda Civil e da Policía Local, así como aos efectivos de Protección Civil da localidade.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Unha vez no punto, e malia as manobras realizadas polo persoal sanitaro, finalmente só se puido confirmar o falecemento do mozo, de 24 anos, no mesmo lugar do suceso.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page