top of page

Falece un home tras ser alcanzado por un camión

Ecos da Comarca/Xeral

Falece un home en Lugo tras ser alcanzado por un camión. Quen alertou a través do 112 Galicia asegurou que o vehículo continuara a marcha.

O accidente produciuse ás 17:30 horas desta tarde diante dunha vivenda no lugar de Labio, en Lugo.


Segundo relatou a persoa que chamou ao 112 para informar, o vehículo, un camión de dobre cisterna, atropelou o home e seguiu circulando. Tamén avanzou que pensaba que estaba falecido.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Pouco despois, co equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 xa no punto, confirmouse o falecemento e, agora, compróbase se a vítima residía no mesmo lugar onde foi atropelada.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Pola súa parte, os axentes da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico recompilan toda a información sobre o sinistro co fin de coñecer todas as circunstancias do suceso. 



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page