Falece un home tras envorcar co seu tractor nunha finca do Corgo
- ecosdacomarca

- hace 3 días
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Falece un home tras envorcar co seu tractor nunha finca do Corgo. Os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento do implicado, que tivo que ser liberado polos bombeiros de Sarria.

Dez minutos antes das 17 horas, o 112 Galicia foi informado por Urxencias Sanitarias de Galicia-061 do envorco dun tractor nunha finca situada en Queizán (O Corgo). Desde o primeiro momento sinalouse a posibilidade de que o home estivera atrapado polo vehículo.
Publicidade
No operativo, activado de inmediato desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, participaron os servizos sanitarios, Bombeiros de Sarria e os axentes da Garda Civil.
PUBLICIDADE
Unha vez no punto, os bombeiros actuaron para liberar ao home, cuxo falecemento foi confirmado polos profesionais sanitarios.








Comentarios