top of page

Falece un home tras accidentarse cando cortaba unha árbore

Ecos da Comarca/Xeral

Falece un home tras accidentarse cando cortaba unha árbore en Soutomaior. O 112 Galicia tivo constancia deste suceso minutos antes das 10 horas deste sábado, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Pouco despois, un particular indicou que o accidente se producira nunha finca no monte pertencente á parroquia de Soutomaior: o home empregaba un guindastre para dirixir a caída dunha árbore que estaban cortando, mais esta acabou caendo enriba do implicado.   Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que, ademais dos servizos sanitarios, participaron a Garda Civil, a Policía Local de Redondela e os voluntarios de Protección Civil da Mancomunidade de Oitavén-Tea. Tamén foron alertados os Bombeiros do Morrazo, aínda que finalmente non foi necesaria a súa intervención.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Unha vez no lugar, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page