top of page

Falece un home en Ribeira tras recibir un disparo

O principal sospeitoso é o seu fillo

Ecos da Comarca/Xeral

Falece un home en Ribeira tras resultar ferido por un arma. Un familiar alertou do suceso a través dunha chamada ao 112 Galicia pouco antes das dúas desta tarde.

Foto de arquivo.
Foto de arquivo.

O alertador solicitou asistencia sanitaria urxente para un home, de 47 anos, ferido por un arma no interior dun domicilio situado na parroquia de Aguiño, en Ribeira.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Con esta información, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informaron aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que confirmaron o falecemento do señor tras o seu ingreso ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Paralelamente, trasladouse a información sobre o suceso aos axentes da Policía Nacional e Local. O seu fillo é o principal sospeitoso.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page