top of page

Falece un home de Monterroso mentres manexaba un tractor en Melide

Ecos da Comarca/Melide/Monterroso

O 112 Galicia informa que esta tarde faleceu un home en Melide mentres manexaba un tractor. Os equipos de intervención barallan a posibilidade de que a persoa sentise unha indisposición antes de encaixar o seu tractor contra un muro.

ree

Ocurreu preto das sete desta tarde en Furelos, Melide, segundo indicou ao 112 Galicia persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Quen alertou engadiu que o home ía pesar mercadoría á cooperativa e que puido sufrir unha indisposición previa porque en lugar de frear, acelerou e chocou contra un muro.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Pola súa banda, o equipo médico tiña en marcha unha dotación a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago, que, con todo, foi anulada porque enseguida confirmouse o falecemento do home. Ademais dos sanitarios, ao lugar dos feitos acudiron axentes da Garda Civil, voluntarios de Protección Civil e Bombeiros de Arzúa, que resolveron volver á súa base en canto confirmaron que a vítima estaba accesible.


Segundo fontes consultadas, a vítima é un veciño de Monterroso duns 40 anos.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page